Inicio do reparto de material escolar
Os voluntarios de Protección Civil xa comezaron o reparto do material escolar indicado polos centros educativos do municipio. Neste caso comezaron polos alumnos e alumnas do colexio da Ponte do Porto.
Os voluntarios de Protección Civil xa comezaron o reparto do material escolar indicado polos centros educativos do municipio. Neste caso comezaron polos alumnos e alumnas do colexio da Ponte do Porto.
Os traballadores das oficinas de Camariñas e Vimianzo tomaron a iniciativa e contactaron co resto de concellos, que son todos os da Costa da Morte agás Carballo e Laracha. O futuro aínda é incerto e os concellos da comarca queren estar preparados para afrontalo. Así, a raíz dunha iniciativa dos ADL de Camariñas e Vimianzo, …
Están dirixidas a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos. Na comisión de seguimento da evolución da COVID-19 en Camariñas celebrada hoxe, xoves 16 de abril, informouse de que o Concello comezou a fabricar máscaras infantís artesanais a través das máis de 50 voluntarias coordinadas polo departamento da Mostra do Encaixe. Estas máscaras …
O reparto levarase a cabo a través de Protección Civil. A educadora de adultos do Concello de Camariñas púxose en contacto coa dirección dos tres centros educativos do municipio (IES Pedra da Aguia, CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto) para coñecer as súas necesidades e coordinar o reparto de material lectivo entre o …
Hoxe tivo lugar outra comisión de seguimento da evolución do #Coronavirus en Camariñas. Entre outras cousas, tratáronse os seguintes temas: ➡️ Recordase a existencia do servizo da Axencia Desenvolvemento Local Camariñas para asesorar en materia de axudas e subvencións. Para consumo, vivenda, etc., hai que chamar ao 653 264 990 (Emilio González) e para …
Foron un total de 175 vídeos os que se subiron desde o mércores ata o domingo. Os datos que arroxa a primeira Mostra do Encaixe virtual da historia son espectaculares. Unha audiencia de 237.962 usuarios que visualizaron desde os seus fogares os 175 vídeos que se sucederon desde o mércores ata o domingo no Facebook …
A inauguración oficial tivo lugar a partir das 16 horas e os vídeos sucedéronse ata a última hora da noite. A xornada inaugural da primeira Mostra do Encaixe virtual da historia foi todo un éxito. Un total de 31.700 persoas visualizaron desde os seus fogares os 18 vídeos que se sucederon desde as 16 horas …
O obxectivo é intentar paliar os danos económicos xerados pola COVID-19 na hostalaría, comercio, mar, etc Hoxe, xoves 9 de abril, tivo lugar outra comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en Camariñas. No encontro telemático acordouse iniciar as xestións para crear unha liña de axudas económicas dirixidas aos sectores máis afectados pola crise sanitaria …
Terá lugar do 8 ao 12 de abril e desenvolverase a través da páxina de Facebook da Mostra O Concello de Camariñas organizará do 8 ao 12 de abril a primeira Mostra do Encaixe virtual da historia. Unha iniciativa que implicará a todos os colectivos implicados no funcionamento habitual do evento e que se desenvolverá …
Hoxe tivo lugar outra reunión da comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en #Camariñas. Entre outros temas, destacan: – Desde a última comisión non se produciu ningunha denuncia nin detención, o que manteñen o saldo de denuncias en 6 e de detidos en 0 desde o inicio do Estado de Alarma. – Os …